Certificación e Formación Profesional

Moi boas!
Hoxe imos  realizar una reflexión sobre a Certificación e Formación Profesional. Nesta entrada queremos achegarvos unha sesión que ten unha gran importancia para as persoas que desempeñan un traballo ou para as que están na súa procura. Pois a Formación Profesional e a Certificación non só axudan a todas as/os traballadoras/es que xa están dentro do mercado laboral podendo mellorar a situación laboral acadando empregos con mellores condicións, senón que tamén axuda a quen anda a súa procura, pois o seu curriculum e competencias clave veránse melloradas.

É difícil resumir en unha sesión a Estrutura da FP e os Certificados de Profesionalidade e iso que tivemos unha sesión con moita participación por parte das persoas asistentes. Expresaban as súas dúbidas e inquietudes que foron totalmente resoltas incluso con casos prácticos froito das experiencia neste campo por parte de Elena, quen impartiu a sesión do sábado quince de Setembro.

Para que no perdades ningún detalle, imos dividir o tema en dous apartados:


1. - CUALIFICACIÓN PROFESIONAL.

A parte máis importante da sesión trata sobre a Cualificación Profesional, as Competencias, as Unidades de Competencia e os Módulos Formativos. A relación que hai entre elas e tamén a Acreditación Laboral por vía da Experiencia.

Non podemos obviar que Elena tamén fixo fincapé nos distintos tipos de formación e os seus niveis, distinguindo entre a oferta programada polas empresas e a oferta programada pola Administración competente.

Dito todo isto, estarédesvos a preguntar: Que diferencia hai entre a Cualificación profesional, a Competencia, as Unidades de Competencia e como se pode conseguir unha Cualificación Profesional. É máis sinxelo do que parece, imos aló.


a) Unha Cualificación profesional é un conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas ben pola formación, ben pola experiencia.

b) Unha Competencia é un conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e actitudes que permiten o desenvolvemento de unha actividade laboral. Non podemos esquecer que no eido das competencias estamos traballando sempre con destrezas cognitivas e que polo tanto, a competencia ten que poderse observar e medir.



c) Unha Unidade de Competencia leva asociada un módulo formativo, onde se describe a formación necesaria para adquirir esa unidade de competencia.

Partindo das definicións podemos indicar que as cualificacións se dividen en 26 familias profesionais e en cinco niveles de cualificación profesional.

Para conseguir unha Cualificación profesional, Elena indicou tres vías:

  1. A través do sistema educativo con titulacións F.P.
  2. A través do sistema de formación para o emprego, os chamados Certificados de
    Profesionalidade.
  3. A través do Recoñecemento da Competencia Profesional.


2.- ESTRUCTURA FP E OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE.

Formación Profesional son estudos do sistema educativo orientados cara o mercado laboral. O seu obxectivo é aumentar e adecuar o coñecemento das persoas no traballo que poden chegar a desempeñar. É dependente das comunidades autónomas.

Existen dous niveles dentro da Formación Profesional:
  1. Ciclo formativo de grao medio: Accesible dende a titulación de E.S.O. ou mediante proba se se é maior de 17 anos. De acceso a o Ciclo formativo de grao superior
  2. Ciclo formativo de grao superior: Accesible dende a titulación de Bacharelato, mediante un ciclo formativo de grao medio ou mediante proba se se ten 19 anos. Da acceso a universidade e convalida créditos de distintas carreiras.
Os Certificados de profesionalidade son titulacións que acreditan as competencias das persoas traballadoras e define os perfís profesionais. Teñen como finalidade dar identidade ás persoas traballadoras no mercado laboral. Quen se encarga de acreditar e avalialos é o Servizo Público de Emprego Estatal en colaboración coa Administración Laboral de cada Comunidade Autónoma.

A Formación profesional así como os Certificados de Profesionalidade teñen recoñecemento en toda Europa

Para que o teñades máis claro, adxuntamos un exemplo de un Certificado de Profesionalidade. E tamén deixamos un vídeo para aclarar un pouco mellor as diferencias entre FP e CP


A finalidade do Certificado de Profesionalidade é a de acreditar competencias e establecer contidos formativos. E se non se acadan os requisitos para acceder a o nivel de Certificación Profesional, pódese facer un exame para obter as competencias clave dese certificado.

Os Certificados de Profesionalidade dan a oportunidade de recibir formación de calidade que permite a o alumno moverse con plena liberdade para desempeñar o traballo acreditado a nivel Europeo. Hoxe en día, as acreditacións de certificado de profesionalidade axudan a recuperar unha parte da poboación que non tivo aceso a formación reglada e que teñen os coñecementos aprendidos na práctica profesional a o longo da súa vida. Desta maneira, o Instituto Galego das Cualificacións poden acreditar as cualificacións profesionais a través da experiencia.

Dende o noso posto como orientadoras/es laborais consideramos de gran importancia coñecer o desenvolvemento da Certificación e Formación Profesional co fin de poder informar e orientar a persoa e contribuir a o incremento de posibilidades de atopar emprego.

Esperamos que, igual que a nós, este tema vos parecera de gran interese. Deixade as vosas impresións un pouco mais abaixo no apartado de comentarios. “Sé competente e serás capaz”

Para saber máis:

Wakelet:

Aquí tedes como foi a sesión presencial. Un resumo de todos os chios que se fixeron na exposición sobre a Certificación e Orientación laboral:




Licenza Creative Commons
Certificación e formación profesional de Grupo 7 POLAB18 ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE (CPA)

Mi Entorno Personal de Aprendizaje o PLE

A orientación laboral e os centros de menores