PREPÁRATE É ACTÚA
O MERCADO DE TRABALLO
O Mercado de Traballo, é a relación existente entre os empregadores, que son quenes ofertan emprego e, traballadores quenes buscan un emprego remunerado.
Esta relación está regulada por unhas normas xurídicas concretas e influenciada polas circunstancias económicas e socias do momento e do lugar no que vivimos, e por ende, estas poden cambiar en calquera momento.
Por esta razón, cando nos atopamos en situación temporal de desemprego, deberemos primeiramente ADAPTARNOS Ó MERCADO DE TRABALLO. As empresas demandan persoas que lles aporten un conxunto de estudios+experiencia+actitudes ou o que veñen a chamarse PERSOAS COMPETENTES.
Para converternos nesta persoa que todas
organizacións empresariais desexan, deberemos saber que é unha COMPETENCIA,
este término poderiamolo definir como o conxunto de coñecementos, habilidades e
actitudes que permiten o desenvolvemento eficiente dunha tarefa ou situación
determinada Neste punto serianos moi útil poder respostar a pregunta
¿Somos
competentes para traballar?
A BUSQUEDA ACTIVA DE EMPREGO
1_Coñecemento PROFESIONAL e PERSOAL.
2.Coñecemento do MERCADO DE TRABALLO.
3.OBXECTIVOS PROFESIONAIS.
4.PLAN para acadar os nosos obxectivos.
O
primeiro paso que debemos dar para contestar será se coñecemos o noso PERFIL PROFESIONAL,
entendendo que éste será o conxunto de capacidades e competencias que posue unha persoa e que lle permitirá asumir
responsabilidades propias dunha determinada profesión.
A continuación marcarémonos o noso propio OBXECTIVO PROFESIONAL e PERSOAL para o que deberemos buscar sempre o equilibrio entre o que desexamos e o que ofrecemos pois a coherencia aumentará as posibilidades de éxito.
TODO PARECE IMPOSIBLE ATA QUE SE FAI (Nelson Mandela).
Unha vez coñecido o mercado e o que nos pide e sabendo o que podemos ofrecer (autocoñecemento) temos que decidir o tipo de posto o que queremos optar e elaborar un plan para acceder os mesmos.
Comezaremos pois, neste punto a nosa búsqueda de traballo e para lograr ter éxito vai a ser fundamental a ACTITUDE.
¿COMO FAREMOS A BÚSQUEDA DE EMPREGO?
A nosa procura de empleo deberá ser:
* CONSTANTE, con verdadeiros desexos de triunfar pero ó mesmo tempo analizaremos os fracasos para poder tamén aprender dos erros.
* ACTIVA pois, non nos debemos quedar paralizados lamentándonos da nosa mala sorte, debemos poñer os medios para lograr o noso obxectivo. Inscribiremonos como demandantes de emprego, leeremos e apuntaremonos en ofertas do noso interés.
*PLANIFICADA,é necesario fixar os nosos obxectivos e non improvisar.
*POSITIVA sobre todo debémolo facer desde unha actitude, para ter entusiasmo, enerxía.e confianza na nosa labor.
FERRAMENTAS ÚTILES
Seranos moi útil para a nosa misión contar cunha AXENDA DE EMPREGO, donde iremos anotando os nosos contactos e rexistrando o que imos facendo cada día ou o que imos a facer a curto, medio e longo prazo.
Seranos moi útil para a nosa misión contar cunha AXENDA DE EMPREGO, donde iremos anotando os nosos contactos e rexistrando o que imos facendo cada día ou o que imos a facer a curto, medio e longo prazo.
Tamén nos será moi útil para avaliar a nosa execución e os resultados acadados, Conseguindo asi ademaís motivarnos pois iremos deixando constancia do traballo feito e dos nosos pequenos logros.
Muy buenos consejos, Maria!! y que razón tienes en resaltar la importancia de la Actitud en la Búsqueda de Empleo.
ResponderEliminar