PLE ou Entorno Persoal de Aprendizaxe
Ola,
Seguramente vos esteades a preguntar de que diaños vos vou falar hoxe, que son as siglas PLE.
Quizais sería interesante que, ademáis de poñer o enlace a wikipedia, comentar un pouco o que eu entendo por Entorno Persoal de Aprendizaxe (polas súas siglas en Inglés PLE). O PLE é un diagrama que axuda a estructurar e planificar mellor a aprendizaxe contínua que facemos a o longo da vida. Quero decir que todas estamos nun proceso de aprendizaxe contínuo e algunhas persoas son máis activas que outras a hora de aumentar os seus coñecementos en calquera das materias do saber. Este deseño esquemático vainos permitir ordenar o noso camiño de autoaprendizaxe.
Isaac Asimov nunha entrevista de algunha forma explicou isto. Aplicando un pouco de razocinio a o proceso innato do ser humano de aprendizaxe e curiosidade e un acceso ordenado a unha información masiva.
A influencia das Novas Tecnoloxías vai facer que teñamos un aceso a información moito máis fácil e masivo. Esta característica de enorme volume de información vai dar a aparición da necesidade de organizala, clasificala en áreas de coñecemento e ou temáticas. A cantidade é tan grande que unha persoa pode atopar complicacións a hora de xestionala (tanto para lela como para acceder a ela).
No meu PLE engadín o cine e a lectura porque os considero tamén unha fonte de coñecemento onde se poden tratar moitos temas de interese. Por exemplo con Ghost in the Shell que mendiante a trama trata sobre o transhumanismo, ou Stalker na que o argumento orbita sobre os desexos máis profundos e ocultos da persoa ou Arrival que trata o tema lingüístico de como a linguaxe que empregamos conforma o noso pensamento sobre a realidade que nos rodea.
Se sodes máis de fedellar na rede ca min (eu sigo sendo de papel e vou aumentando a os poucos a miña biblioteca) unha ferramenta útil para vós pode ser o Feedly. Un xestor de RSS co que podedes organizar as páxinas web que seguides a cotío.
Pásovos un RSS que de exemplo que creei eu.
Eu persoalmente non emprego estas ferramentas debido a que os meus intereses cambian con moita frecuencia e emprego máis libros de divulgación e ensaios para a miña formación. Tamén emprego o formato dixital co meu eBook porque o nivel de lectura que consumo é máis do que o meu bolsillo se pode permitir. Por iso busco na rede lecturas con dereitos libres e escritos en PDF que algunhas persoas autoras crean de forma altruísta.
Espero que esta entrada vos sexa de axuda. Vémonos na próxima.
Seguramente vos esteades a preguntar de que diaños vos vou falar hoxe, que son as siglas PLE.
Quizais sería interesante que, ademáis de poñer o enlace a wikipedia, comentar un pouco o que eu entendo por Entorno Persoal de Aprendizaxe (polas súas siglas en Inglés PLE). O PLE é un diagrama que axuda a estructurar e planificar mellor a aprendizaxe contínua que facemos a o longo da vida. Quero decir que todas estamos nun proceso de aprendizaxe contínuo e algunhas persoas son máis activas que outras a hora de aumentar os seus coñecementos en calquera das materias do saber. Este deseño esquemático vainos permitir ordenar o noso camiño de autoaprendizaxe.
Isaac Asimov nunha entrevista de algunha forma explicou isto. Aplicando un pouco de razocinio a o proceso innato do ser humano de aprendizaxe e curiosidade e un acceso ordenado a unha información masiva.
A influencia das Novas Tecnoloxías vai facer que teñamos un aceso a información moito máis fácil e masivo. Esta característica de enorme volume de información vai dar a aparición da necesidade de organizala, clasificala en áreas de coñecemento e ou temáticas. A cantidade é tan grande que unha persoa pode atopar complicacións a hora de xestionala (tanto para lela como para acceder a ela).
- Composición do PLE -
O PLE consta de tres apartados. Podedes engadir algún apartado se o vedes necesario, pois a forma sinxela de este esquema dalle versatilidade.- Ler ou entrada de información: Son todos os lugares dos que extraemos a información que cremos pertinente e necesaria para a nosa aprendizaxe. Poden ser libros de formato físico, blogues, revistas online, foros (mellor se son especializados), prensa online, páxinas web especializadas, publicacións oficiais do estado ou da rexión e un longo etc...
- Compartir información ou divulgación: Son os lugares onde imos posibilitar que persoas accedan alí para que poidan informarse sobre o que desexemos escribir. É unha forma de compartir os datos que recabamos xa procesados por nós en maior ou menor medida. Unha apreciación: para ser máis rigurosas co noso proceso de aprendizaxe e ademáis facilitar a quen lea o que publiquemos, hai que facilitar as fontes de onde sacamos a información que estamos a tratar. Falar sen citar fontes é algo que está moi mal visto na rede ademáis de ser unha falta de profesionalidade.
- Contacto con especialistas ou xente que consideremos informada na materia: Son as ferramentas que empregamos para contactar directamente con outras persoas. Ferramentas como o correo electrónico, mensaxes privados das redes sociais, fíos en foros, comentarios en artigos...
- Cadernos ou notas persoais: Este apartado é un engadido persoal. A o longo dos anos, e a o adquirir autocoñecemento sobre a miña mellor forma de aprendizaxe, vin que me era moi útil escribir a man. Axúdame a estructurar na miña cabeza o que acabo de ler e a reflexionar sobre o lido.
- O meu PLE persoal -
Amósovos o meu PLE e despois fálovos de unha ferramenta moi útil para xestionar toda esta entrada de información que podemos atopar na rede. Pode que non sexa a máis sinxela, pero é a máis versatil e eficiente.No meu PLE engadín o cine e a lectura porque os considero tamén unha fonte de coñecemento onde se poden tratar moitos temas de interese. Por exemplo con Ghost in the Shell que mendiante a trama trata sobre o transhumanismo, ou Stalker na que o argumento orbita sobre os desexos máis profundos e ocultos da persoa ou Arrival que trata o tema lingüístico de como a linguaxe que empregamos conforma o noso pensamento sobre a realidade que nos rodea.
Se sodes máis de fedellar na rede ca min (eu sigo sendo de papel e vou aumentando a os poucos a miña biblioteca) unha ferramenta útil para vós pode ser o Feedly. Un xestor de RSS co que podedes organizar as páxinas web que seguides a cotío.
Pásovos un RSS que de exemplo que creei eu.
Eu persoalmente non emprego estas ferramentas debido a que os meus intereses cambian con moita frecuencia e emprego máis libros de divulgación e ensaios para a miña formación. Tamén emprego o formato dixital co meu eBook porque o nivel de lectura que consumo é máis do que o meu bolsillo se pode permitir. Por iso busco na rede lecturas con dereitos libres e escritos en PDF que algunhas persoas autoras crean de forma altruísta.
Espero que esta entrada vos sexa de axuda. Vémonos na próxima.
Comentarios
Publicar un comentario