Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta FP

Certificación e Formación Profesional

Imaxe
Moi boas! Hoxe imos  realizar una reflexión sobre a Certificación e Formación Profesional. Nesta entrada queremos achegarvos unha sesión que ten unha gran importancia para as persoas que desempeñan un traballo ou para as que están na súa procura. Pois a Formación Profesional e a Certificación non só axudan a todas as/os traballadoras/es que xa están dentro do mercado laboral podendo mellorar a situación laboral acadando empregos con mellores condicións, senón que tamén axuda a quen anda a súa procura, pois o seu curriculum e competencias clave veránse melloradas. É difícil resumir en unha sesión a Estrutura da FP e os Certificados de Profesionalidade e iso que tivemos unha sesión con moita participación por parte das persoas asistentes. Expresaban as súas dúbidas e inquietudes que foron totalmente resoltas incluso con casos prácticos froito das experiencia neste campo por parte de Elena, quen impartiu a sesión do sábado quince de Setembro. Para que no perd...