PLE ou Entorno Persoal de Aprendizaxe

Ola,
Seguramente vos esteades a preguntar de que diaños vos vou falar hoxe, que son as siglas PLE.

Quizais sería interesante que, ademáis de poñer o enlace a wikipedia, comentar un pouco o que eu entendo por Entorno Persoal de Aprendizaxe (polas súas siglas en Inglés PLE). O PLE é un diagrama que axuda a estructurar e planificar mellor a aprendizaxe contínua que facemos a o longo da vida. Quero decir que todas estamos nun proceso de aprendizaxe contínuo e algunhas persoas son máis activas que outras a hora de aumentar os seus coñecementos en calquera das materias do saber. Este deseño esquemático vainos permitir ordenar o noso camiño de autoaprendizaxe.

Isaac Asimov nunha entrevista de algunha forma explicou isto. Aplicando un pouco de razocinio a o proceso innato do ser humano de aprendizaxe e curiosidade e un acceso ordenado a unha información masiva.



A influencia das Novas Tecnoloxías vai facer que teñamos un aceso a información moito máis fácil e masivo. Esta característica de enorme volume de información vai dar a aparición da necesidade de organizala, clasificala en áreas de coñecemento e ou temáticas. A cantidade é tan grande que unha persoa pode atopar complicacións a hora de xestionala (tanto para lela como para acceder a ela).


- Composición do PLE -

O PLE consta de tres apartados. Podedes engadir algún apartado se o vedes necesario, pois a forma sinxela de este esquema dalle versatilidade.

  • Ler ou entrada de información: Son todos os lugares dos que extraemos a información que cremos pertinente e necesaria para a nosa aprendizaxe. Poden ser libros de formato físico, blogues, revistas online, foros (mellor se son especializados), prensa online, páxinas web especializadas, publicacións oficiais do estado ou da rexión e un longo etc...
  • Compartir información ou divulgación: Son os lugares onde imos posibilitar que persoas accedan alí para que poidan informarse sobre o que desexemos escribir. É unha forma de compartir os datos que recabamos xa procesados por nós en maior ou menor medida. Unha apreciación: para ser máis rigurosas co noso proceso de aprendizaxe e ademáis facilitar a quen lea o que publiquemos, hai que facilitar as fontes de onde sacamos a información que estamos a tratar. Falar sen citar fontes é algo que está moi mal visto na rede ademáis de ser unha falta de profesionalidade.
  • Contacto con especialistas ou xente que consideremos informada na materia: Son as ferramentas que empregamos para contactar directamente con outras persoas. Ferramentas como o correo electrónico, mensaxes privados das redes sociais, fíos en foros, comentarios en artigos...
  • Cadernos ou notas persoais: Este apartado é un engadido persoal. A o longo dos anos, e a o adquirir autocoñecemento sobre a miña mellor forma de aprendizaxe, vin que me era moi útil escribir a man. Axúdame a estructurar na miña cabeza o que acabo de ler e a reflexionar sobre o lido.


- O meu PLE persoal -

Amósovos o meu PLE e despois fálovos de unha ferramenta moi útil para xestionar toda esta entrada de información que podemos atopar na rede. Pode que non sexa a máis sinxela, pero é a máis versatil e eficiente.



No meu PLE engadín o cine e a lectura porque os considero tamén unha fonte de coñecemento onde se poden tratar moitos temas de interese. Por exemplo con Ghost in the Shell que mendiante a trama trata sobre o transhumanismo, ou Stalker na que o argumento orbita sobre os desexos máis profundos e ocultos da persoa ou Arrival que trata o tema lingüístico de como a linguaxe que empregamos conforma o noso pensamento sobre a realidade que nos rodea.

Se sodes máis de fedellar na rede ca min (eu sigo sendo de papel e vou aumentando a os poucos a miña biblioteca) unha ferramenta útil para vós pode ser o Feedly. Un xestor de RSS co que podedes organizar as páxinas web que seguides a cotío.

Pásovos un RSS que de exemplo que creei eu.



Eu persoalmente non emprego estas ferramentas debido a que os meus intereses cambian con moita frecuencia e emprego máis libros de divulgación e ensaios para a miña formación. Tamén emprego o formato dixital co meu eBook porque o nivel de lectura que consumo é máis do que o meu bolsillo se pode permitir. Por iso busco na rede lecturas con dereitos libres e escritos en PDF que algunhas persoas autoras crean de forma altruísta.

Espero que esta entrada vos sexa de axuda. Vémonos na próxima.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

¿QUÉ ES UN PLE?

A CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE (CPA)

O MEU PLE