Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

A inserción laboral coa mocidade do sistema de protección de menores

Imaxe
As personas con expediente no sistema de protección de menores amosan alarmantes indicadores de fracaso escolar. A etioloxía do problema responde a múltiples factores situados tanto dentro como fóra da escuela. Os recursos especializados na acción con infancia e adolescencia en dificultade social non dispoñen de mecanismos de resposta compartida e acordada co ámbito académico. A realidade sistémica dos recursos ten pendente realizar axustes necesarios de mellora de coordinación, tanto entre os diferentes niveis internos como coa escola. Neste contexto, a inclusión escolar das personas con expediente no sistema de protección de menores  segue sen contar cunha actuación administrativa á altura do problema. O sistema de protección de menores asume a responsabilidade da atención integral coa intencionalidade de superar as situacións que motivaron a apertura do expediente. O obxectivo final é posibilitar o pleno desenvolvemento persoal e a transformación participada ata unha cidadanía

O PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2014-2020. O PLAN DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL IMPULSA. UNHA INICIATIVA MUNICIPAL.

Imaxe
O PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2014-2020. O PLAN DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL IMPULSA. UNHA INICIATIVA MUNICIPAL. “A redución do desemprego xuvenil constitúe un dos retos máis importantes para o período de programación 2014-2020 e débese de afrontar tanto desde as institucións públicas nacionais e comunitarias, como desde a propia cidadanía da UE” . Con esta intención comeza o texto do Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 . Esta intención baséase en datos como os da EPA 2013, segundo os cales máis do 20% da mocidade española, comprendida entre os 16 e os 25 anos atopábanse non ocupados e non recibían educación nin formación, doas que o 47% eran mulleres e o 53% homes. Engadir, asemade, que segundo a Estratexia de Emprendemento e Emprego Mozo 2013-2016 , as principais causas do desemprego xuvenil en España, son as seguintes: 1. Alta taxa de abandono escolar. 2. Polarización do mercado de traballo. 3. Escaso peso relativo da Formación

O DESEMPREGO DESPOIS DOS 50

Imaxe
                                                   Firma convidada MªJesús Sopeña González DESPEDÍRONME! E AGORA QUE? Dentro do colectivo de persoas desempregadas de longa duración , os maiores de 50 anos son os que teñen peores expectativas. É moi difícil atopar traballo despois desta idade. Sabemos que as empresas, xeralmente, buscan traballadores novos. O paro é un grave problema social, e as persoas que superan  esta franxa de idade atópanse con mais dificulatades. Ademais da repercusión económica que conleva, estar no paro pode dar orixe a outra serie de dificulatades, e mesmo, á exclusión social. Unha persoa cando perde o seu emprego nos anos próximos á xubilación, polo xeral, ten que asumir: Cargas familiares. Desubicación no mercado laboral. Poucos recursos para enfrontarse a unha entrevista de traballo. Coñecementos e formación desactualizados. Baixa autoestima. AS MULLERES Este tema tócame moi preto, por raz