O DESEMPREGO DESPOIS DOS 50
DESPEDÍRONME! E AGORA QUE?
Dentro do colectivo de persoas desempregadas de longa duración, os maiores de 50 anos son os que teñen peores expectativas. É moi difícil atopar traballo despois desta idade. Sabemos que as empresas, xeralmente, buscan traballadores novos.
O paro é un grave problema social, e as persoas que superan esta franxa de idade atópanse con mais dificulatades. Ademais da repercusión económica que conleva, estar no paro pode dar orixe a outra serie de dificulatades, e mesmo, á exclusión social.
Unha persoa cando perde o seu emprego nos anos próximos á xubilación, polo xeral, ten que asumir:
- Cargas familiares.
- Desubicación no mercado laboral.
- Poucos recursos para enfrontarse a unha entrevista de traballo.
- Coñecementos e formación desactualizados.
- Baixa autoestima.
AS MULLERES
Este tema tócame moi preto, por razoes obvias. A meu parecer e sendo tamén vítima e sufridora da situación, as mulleres sufrimos unha dobre discriminación, a do mundo laboral e social.
O nulo recoñecemento da figura da ama de casa, a pesar dos ingratos labores que realiza todos os días, con gran gasto de tempo e esforzo; sempre ocupando un segundo plano, sen retribución salarial e con moitas obrigas.
Viñeta publicada en el diario El País |
Unha vez que decide dar o paso e saltar ao mundo laboral, atópase co varios obstáculos:
- As empresas non queren contratar mulleres a causa do posible absentismo por maternidade e coidado de fillos.
- Cando se accede a ese mundo laboral, á maioría se nos plantexa un conflito: temos que encaixar a nosa vida profesional coa doméstica. "Os nosos dexesos e posibilidades fronte aos deberes e obrigas familiares".
O conficto profesional fronte o doméstico fai que, en moitas ocasión, sexan as mulleres quen prioricen a familia en detrimento da independencia e autorrealización persoal e laboral.
Teño que dicir que, afortunadamente, isto está cambiando. Casa vez hai máis homes que se implican neste sentido.
A fundación BBVA e o Ivie fan unha análise na que sinalan dúas razons polas que os maiores de 50 anos atopan menos emprego:
- A propia idade.
- O nivel de formación por debaixo da media dos parados. Tan so o 8,9% ten estudos universitarios e o 65,6% posúe como máximo o nivel de estudos obrigatorios.
O risco de pobreza en desempregados de longa duración é moito maior, tal como indica o documento, pois o desemprego é o principal xerador de pobreza nas sociedades desenvolvidas. Representa ademais un factor que contribúe á desigualdade, polo que son necesarias políticas de inserción laboral dirixidas especialmente a este colectivo.
UNS CONSELLOS
- Nunca é tarde para aprender cousas novas. É importante adaptarse.
- Usa os teus contactos (coñecidos, amigos, e familiares). Eles coñecen mellor ca ninguén as túas capacidades e saben onde podes encaixar.
- Busca outros camiños profesionales.
- Sen flexible.
- Presenta un currículum breve e axeitado para cada candidatura.
- Utiliza as redes sociais. Existen varios portais de emprego específicos para este colectivo.
- Paciencia, esperanza e positividade.
- Se ves que teu currículum non traspasa a primeira barreira de selección, intenta poñerte persoalmente en contacto co responsable do posto ofertado,"as persoas non nos namoramos do currículum, namorámonos da persoa".
- Ser receptivos. Saber escoitar aos máis novos, non ter vergoña en aprender deles. Probablemente están máis ao día e poden aportarnos moito. Terán menos experiencia pero seguramente unha formación mais actualizada.
SABER POSTULARSE
- Unha persoa maior de 50 anos busca traballo estable. É menos probable que deixe o seu posto por motivos económicos, familiares e polo dexeso do cambio.
- Ter un compañeiro senior, pode ser bo exemplo para os novos. Pode ensinarlle espectos do traballo pola sua experiencia profesional e vital.
- Ten máis responsabilidade. Amosa menos absentismo laboral.
- Ten máis confianza en si mesmo.
Comentarios
Publicar un comentario