A orientación laboral e os centros de menores



Neste artigo vou a falar da necesaria relación entre a orientación laboral e a educación social nos centros de menores de Galicia. 

En primeiro lugar, debemos coñecer o que son os centro de menores. Na rúa existen moitos prexuízos, sempre que se fala de centros de menores pensase só nunha parte deles, principalemente os centros de execución de medidas xudiciais.

En Galicia o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no artigo terceiro expón que: “son centros de menores aqueles equipamentos destinados á atención de menores de idade, que de acordo ca normativa en vigor, estén en situación de risco, desamparo ou conflito social, e nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades dirixidas a este sector de poboación”.

En función da súa tipoloxía clasifícanse en:
  • Casas de primeira acollida
  • Casas de familia
  • Minirresidecias
  • Residencias
  • Centros con fogares
  • Centros de reeducación
  • Centros de atención específica
  • Vivendas tuteladas
  • Vivendas de transición á vida adulta
  • Centros con talleres formativos
  • Centros de atención de día

En tódolos centros mencionados se leva a cabo orientación laboral por parte dos equipos educativos dos recursos según as persoas participantes e a súa idade e perspectivas. Os educadores e educadoras sociais que traballan coa mocidade participante destes recursos realiza acompañamentos ó Servizo de Emprego, Seguridade Social, etc. Tamén se traballa a busca activa de emprego, e o traballo de entrenamento para entrevistas e sobre resolución de conflictos no traballo.

As vivendas tuteladas son o recurso que procura a inserción sociolaboral da mocidade tutelada que precisa a emancipación para construír o seu futuro. Estas vivendas atópanse dentro do programa Mentor da Xunta de Galicia.

O programa mentor nace no ano 1998 como un programa de inserción laboral que foi mudando hacia un programa integral destinado á mocidade que se atopa na fase de saída da protección iniciada pola adminstración.
A súa finalidade é a prevención de situacións de risco social na poboación galega e a inclusión social e laboral da mocidade participante no programa.

Desde o ano 2005 ate a actualidade, o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (IGAXES 3) é a entidade responsable do desenvolvemento do programa, o cal está financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.

O traballo realízase en consenso coa persoa, redactando un Proxecto Individualizado de Inserción Laboral (PIL) no que a persoa ponse como obxectivos acadar as estratexias e ferramentas para a súa inserción laboral.

Ademais o Programa Mentor dispón das vivendas mencionadas anteriormente denominadas Recursos de Apoio á Inserción (RAI) que consisten en espazos para o desenvolvemento de procesos de autonomía e crecemento persoal da mocidade próxima á maioría de idade.

Neste vídeo explícanse os diferentes centros de menores de Galicia e fálase sobre o Programa Mentor.







Bibliografía:

➤ DECRETO 329/2005, de 28 de julio, por el que se regulan los centros de menores y los centros de atención a la infancia.

Programa Mentor, Xunta de Galicia.

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE (CPA)

O MEU PLE