A CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE (CPA)
A CONTORNA
PERSOAL DE APRENDIZAXE (CPA)
Introdución:
Segundo a Galipedia, a Contorna Persoal de Aprendizaxe (CPA) ten a súa orixe na expresión
anglosaxoa Personal Learning Environment (PLE), que é un sistema de organización e xestión das
diferentes ferramentas que nos axudan no proceso de ensinanza-aprendizaxe, no
noso caso na Rede.
Subliñable é a aportación de Linda Castañeda e Jordi Adell, no seu libro “Entornos Personales de
Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en Red”, onde
definen a CPA como "o conxunto de ferramentas, fontes de información,
conexións e actividades que cada persoa utiliza acotío para aprender".
(Pódelo descargar gratuitamente se
premes o enlace)
A CPA das persoas está integrado
polas súas experiencias básicas que configuran a súa aprendizaxe na educación formal e polas novas experiencias ás que
se achegan a través das ferramentas tecnolóxicas actuais, aprendizaxe na educación informal. Xorde da necesidade de cada
individuo de estar actualizado, xa que é a propia persoa usuaria quen define ou
elixe os seus obxectivos, competencias, contidos, fontes etc
“Non é un xeito de ensinar, senón un xeito de
aprender”
Os tres compoñentes indispensables da CPA:
- Fontes de información: son os sitios que se consultan e as actividades que se realizan dos que obtemos información. Poden ser: medios online, bibliotecas dixitalizadas, blogs, canles de YouTube ou Vimeo, newsletters, programas de televisión subidos á Rede.
- Ferramentas: son aquelas coas que se modifica a información. Son as ferramentas dixitais ou programas que permiten traballar a información obtida e crear contidos para aprender. Poden ser: ferramentas para crear blogs, como Blogger o WordPress; presentacións, como Prezi o SlideShare; vídeos, como WeVideo o PowToon.
- Rede Persoal de Aprendizaxe (RPA): a CPA achega a posibilidade de crear a nosa Rede Persoal de Aprendizaxe (RPA. Do inglés: PLN - Personal Learning Network), A RPA forma parte da Contorna Persoal de Aprendizaxe (CPA) e fai referencia á comunicación coas persoas coas que compartimos o noso coñecemento e experiencias ou colaboramos na creación de novos obxectos de aprendizaxe. E para elo se poden empregar distintas ferramentas que poden clasificarse en asincrónicas e sincrónicas.
o Ferramentas asincrónicas: o correo electrónico, os comentarios nos blogs e nas redes sociais, como Twitter, Facebook ou LinkedIn.
encontros profesionais como os
eventos ou as conferencias.
As tarefas
básicas que debe levar a cabo unha persoa para desenvolver a súa Contorna Persoal de Aprendizaxe son seis:
1. Buscar e filtrar a información de interese.
2. Organizar os contidos.
3. Comunicarse cos demais.
4. Crear novos contidos.
5. Publicalos para compartilos coa
comunidade.
6. Colaborar con outros en tarefas de
produción colectiva.
A xeito de conclusión dicir que o concepto
CPA existe dende o principio dos tempos, pero noutros períodos da historia, non
moi lonxanos, onde non existían as chamadas novas tecnoloxías ou non estaban ao
alcance de todos, era moito máis complexo contar cunha CPA diversificada,
abundante e baseada en numerosas fontes de información, por mor da imposibilidade,
económica e materialmente, de acceder e dispoñer de libros ou de centos de
libros, ou en moitos casos, simplemente, de material formativo básico; ao que
habería que engadir que o coñecemento estaba centralizado nas institucións
educativas de carácter formal, que “monopolizaban o saber oficial”. Pero isto
mudou polos importantísimos avances tecnolóxicos que se desenvolveron ou que se
están a desenvolver e que nos levan a vivir no mundo das novas tecnoloxías, nun
mundo onde o coñecemento é aberto, onde calquera pode ser creador e
distribuidor de información, nun mundo no que dispoñemos de centos de miles de
fontes e recursos para poder autoformarnos, e, en definitiva, nun mundo onde
xorden novos conceptos como a ”democratización do saber”. Pero non só se
incrementa infinitamente a posibilidade de formarse, senón, e aquí radica unha
das importantes novidades desta nova concepción do saber, que podemos compartir
os nosos coñecementos, experiencias, informacións, reflexións e axudar a
ampliar as CPAs de moitísimas outras persoas, e viceversa, todo vía online,
posibilitando un aprendizaxe continuo a longo de toda a vida, nunha contorna
colaborativa.
Como está a
miña CPA:
Para ser sincero, ata
que tratamos este tema, e se non lembro mal, creo que nunca escoitara falar
deste término e polo tanto, moito menos podía nen imaxinar o que comprendía.
A xeito de anécdota,
tal era o meu descoñecemento desta materia que cando fixemos a práctica de
deseñar a nosa CPA, con toda a ornamentación precisa, colores engadidos, só
recollín aspectos relacionados coas TIC,
descartando os máis tradicionais xeitos de aprender e de informarme/desinformarme
cos que me teño desenvolvido como persoa e como profesional ao longo da miña
traxectoria vital. Craso erro pola miña parte, pero que vou ter en conta para
cando, de xeito sopesado e repensado, defina e elabore unha CPA axeitada ás
miñas necesidades.
Ao longo destes días
podería ter modificado o deseño que fixera inicialmente, engadindo o non
recollido no seu momento, pero considerei máis ilustrativo do quero dicir o
primeiro deseño realizado.
Esta tarefa, ao mesmo
tempo, fíxome reflexionar sobre a miña relación con determinadas ferramentas
TICs, o xeito informal, pouco habitual e moi probablemente anticuado de empregalas,
relacionado co pouco respecto que lles teño e coa escasa fiabilidade que me
merecen boa parte delas, e sobre a posibilidade real do seu emprego non só como
ferramentas de comunicación, senón como ferramentas de aprendizaxe, …
Por outra banda e
buscando o aspecto positivo do asunto é de recoñecer que non padezo ningún tipo
de dependencia dixital, polo que non me considero afectado polos novos
conceptos xurdidos, como a denominada infoxicación ou
a Síndrome FOMO.
Expansión da
miña CPA:
Polo exposto no
apartado anterior, antes de proceder á expansión dunha CPA deberemos analizar detidamente
as diferentes opcións que se nos poidan presentar para que a elixida cumpra axeitadamente
coas expectativas que depositaremos nela, tendo en conta ademais que moitos dos
recursos e ferramentas que temos ao noso alcance realizan funcións e presentan
utilidades similares.
Debido a elo, a
expansión da miña CPA producirase de xeito paulatino, sen presas, incorporando as
fontes, as ferramentas e os recursos que verdadeiramente resulten de interese e
de utilidade para acadar os obxectivos e as necesidades de aprendizaxe que me
estableza en cada momento.
No Curso de Posgrao
de Especialización en Orientación laboral. Ed. 2018 se nos están a presentar unha serie
de ferramentas e recursos que poden resultarnos de utilidade neste proceso. De
entre as mesmas, destacaría Feedly por ser moi sinxela e pola súa utilidade.
Segundo a Wikipedia, Feedly é un lector de RSS que permite organizar e
acceder rapidamente desde un navegador web ou das
súas aplicacións
para teléfonos
intelixentes a todas as novas e actualizacións de blogs e demais páxinas web
que o sistema soporta. Entre outras características permite ordenar todos os
contidos de xeito que facilita á persoa usuaria aforrar tempo por non ter que
revisar unha a unha todas as fontes de noticias.
Hai outras ferramentas que poden ser de utilidade para a
expansión dunha CPA:
Scoop.it: É unha ferramenta que permite seleccionar contidos e clasificalos dacordo a categorías previamente definidas polas persoas usuarias.
Diigo: É un sistema de xestión de información persoal baseado no concepto "nube", que inclúe marcadores web, bloc de notas post-it, arquivo de imaxes e documentos, así como selección de textos destacados. Permite a creación de grupos (públicos ou privados) para compartir enlaces favoritos.
Wakelet: É unha plataforma de curación de
contidos que permite gardar artigos, vídeos, tweets, podcats,... que atopas en
liña para empregar máis adiante.
Para saber
máis:
Comentarios
Publicar un comentario