O PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2014-2020. O PLAN DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL IMPULSA. UNHA INICIATIVA MUNICIPAL.
O PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL 2014-2020.
O PLAN DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL IMPULSA.
UNHA INICIATIVA MUNICIPAL.
“A
redución do desemprego xuvenil constitúe un dos retos máis importantes para o
período de programación 2014-2020 e débese de afrontar tanto desde as
institucións públicas nacionais e comunitarias, como desde a propia cidadanía
da UE”.
Con esta intención comeza o texto do Programa
Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020.
Esta intención baséase en datos como os da
EPA 2013, segundo os cales máis do 20% da mocidade española, comprendida entre
os 16 e os 25 anos atopábanse non ocupados e non recibían educación nin
formación, doas que o 47% eran mulleres e o 53% homes.
Engadir, asemade, que segundo a Estratexia de
Emprendemento e Emprego Mozo 2013-2016, as principais causas do desemprego xuvenil
en España, son as seguintes:
1. Alta
taxa de abandono escolar.
2. Polarización
do mercado de traballo.
3. Escaso
peso relativo da Formación Profesional de grao medio.
4. Escasa
empregabilidade da mocidade, especialmente no relativo ao coñecemento de
idiomas estranxeiros.
5. Alta
temporalidade.
6. Alta
contratación parcial non desexada.
7. Difícil
acceso ao mercado laboral dos grupos en risco de exclusión social.
8. Necesidade
de mellorar os niveis de autoemprego e iniciativa empresarial entre a mocidade.
O exposto, entre outros moitos argumentos,
datos e cifras, avala a decisión da implementación do Programa Operativo de
Emprego Xuvenil, que terá como finalidade última apoiar a redución da taxa de
desemprego xuvenil en España, a través da mellora das cualificacións e o
fomento da contratación e do autoemprego da mocidade.
Para acadar os mencionados obxectivos xorden
iniciativas que van ser cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, a través da Iniciativa de Emprego
Xuvenil
e Garantía Xuvenil.
O
Concello de Santiago de Compostela, a través da súa Área de Emprego, adscrita á Concellería de
Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, decide participar
nestas iniciativas coa finalidade de mellorar a empregabilidade da mocidade compostelá
principalmente, aínda que sen desbotar ás mozas e aos mozos doutros concellos
de Galicia. Para acadar este obxectivo presenta dúas propostas a esta
iniciativa e para as que obtén cofinanciamento:
- Programa Integración profesional "Mocidade con Emprego" Santiago 2017-2020.
- Plan de Cualificación Profesional “IMPULSA”.
Como o caso do Programa “Mocidade con
Emprego” xa foi perfectamente explicado nun interesante artigo pola miña compañeira
Isabel Sousa Jiménez (@isasousaj), con motivo do Curso de Posgrao de
Especialización en Orientación Laboral, celebrado no ano 2017, eu
centrareime en intentar explicar en que consiste o Plan IMPULSA.
INTRODUCIÓN
O Concello de
Santiago desenvolve o programa: Plan
Xuvenil de Cualificación profesional: “IMPULSA” no que se implementan 5
itinerarios integrados do sector das Tecnoloxías da Información e a
Comunicación (TIC).
Os obxectivos do
programa elaboráronse tomando en consideración as necesidades e retos
existentes en Santiago, definidos nunha análise de contexto elaborado ex
profeso, e no que se constatan 2 grandes necesidades:
- Mellorar a empregabilidade e o acceso ao mercado de traballo da súa poboación moza.
- Aunar, coordinar a formación para o emprego e as demandas do tecido empresarial. Concretamente, satisfacer a demanda de profesionais do sector TIC, cada vez máis crecente, por parte do sector produtivo da comarca.
Do mesmo xeito, detectáronse os seguintes
problemas:
- A migración da mocidade, a chamada “fuga de talentos”, o que supón a perda dunha das nosas fontes de riqueza e crecemento: capital humano cualificado.
- A sobrecualificación existente en moitos postos de traballo e a dificultade para cubrir outros pon de manifesto unha desconexión entre a oferta e a demanda de traballo.
En relación ás TIC subliñar:
- Ademais de destacar como un importante dinamizador do mercado local, o das TIC preséntase como o sector ideal para a mocidade recen graduada e sen experiencia.
- En Galicia, só entre o 2010 e o 2014 o número de empresas TIC creceu un 15 %. E o 2015 foi o exercicio no que, ata esa data, rexistrárase un maior incremento na cifra de compañías, ata acadar as 2.400. Ese año, ademais, o sector superou, por vez primeira, o listón das 16.000 persoas traballadoras, todo un récord. A ese dinamismo contribuíu de xeito decisivo a primeira Axenda Dixital 2010-2014. Asemade, o estudio de Sectores Emerxentes en Santiago: menciona que ocupa o primeiro posto entre as actividades emerxentes.
XUSTIFICACIÓN
DOS ITINERARIOS
El Observatorio
da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), adscrito
á Axencia para a Modernización Tecnolóxica
de Galicia (Amtega), dentro do “Diagnóstico
ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2016”
pon de manifesto as dificultades que as empresas TIC galegas experimentan á
hora de contratar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia para a súa
organización. As empresas galegas contan cunha maioría de profesionais TIC con
formación universitaria ou especializada a través de ciclos formativos TIC.
Polo exposto, os itinerarios deseñados co Plan IMPULSA pertencen integramente ao
sector das novas tecnoloxías:
1. Manexo
profesional de drons, montaxe e mantemento, con especialización no seu uso para
o sector audiovisual.
2. Confección
e publicación de páxinas web.
3. Desenvolvemento
de aplicacións con tecnoloxías web.
4. Xestión
de marketing e comunicación.
5. Conmunity
Management.
AS
PERSOAS BENEFICIARIAS DOS ITINERARIOS
A
mocidade maior de 16 anos e menor de 30 anos, engadidas as persoas con discapacidade,
non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente
do seu nivel formativo e que estea rexistrados no ficheiro do Sistema
Nacional de Garantía Xuvenil.
O reto sería
acadar que esta mocidade mellorase a súa empregabilidade e accedese a un posto de
traballo de calidade.
Incidindo
na mocidade con especiais dificultades de inserción, así:
- O 60% do total serán mulleres.
- O 20% persoas afectadas por algunha discapacidade.
- O 10% mocidade pertencente a algunha etnia.
- O 70% mozas e mozos desempregadas/os de longa duración.
En cada
un dos 5 itinerarios participarán 17 persoas mozas beneficiarias. Polo que o
total serán 85 as persoas mozas beneficiarias.
OBXECTIVOS
E ADECUACIÓN AOS PRINCIPIOS COMUNITARIOS DE APRENDIZAXE PERMANENTE E MELLORA DA
CALIDADE DO EMPREGO.
Coa implementación
destes 5 itinerarios preténdese acadar un dobre obxectivo:
- Acceso ao mercado laboral.
- Acceso a un emprego de calidade.
Obxectivo central:
“Avanzar na
consolidación de Santiago de Compostela como unha cidade inclusiva, solidaria e
comprometida co desenvolvemento sociolaboral da súa poboación moza, a través da
inversión na súa cualificación profesional e adecuación da súas competencias ás
demandas da economía do coñecemento e do sector TIC, coa implementación de
itinerarios integrados e persoalizados que creen e melloren as súas capacidades
técnico-persoais, facilitando o seu acceso a un emprego estable e de calidad.”
De tal xeito que os obxectivos principais do programa sexan:
- Fomentar a cualificación profesional das mozas e mozos nas TIC mediante unha formación acreditada por Certificados de Profesionalidade.
- Impulsar e/ou mellorar a formación en idiomas.
- Mellorar as súas competencias persoais e habilidades sociais.
- Fomentar a cultura emprendedora.
E os obxectivos específicos:
- Activar e favorecer a participación na formación profesional e no mercado de traballo da mocidade inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil.
- Potenciar o aprendizaxe permanente como medio para manter o nivel de cualificación profesional requirido polo actual mercado de traballo.
- Evitar o desemprego xuvenil motivado polo abandono dos estudos.
- Proporcionar á mocidade a experiencia laboral e as habilidades sociais necesarias para mellorar a súa empregabilidade.
- Facilitar unha asistencia individualizada ás persoas mozas participantes, segundo os seus perfís e necesidades de formación.
- Promover a sostenibilidade, a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral entre o público obxectivo do programa.
- Fomentar a cultura emprendedora e impulsar o emprendemento entre a mocidade.
- Promover a coordinación e interacción entre todos os axentes socioeconómicos e institucións, cunha área/ámbito de actuación que poida repercutir no emprego xuvenil.
- Fomentar entre o empresariado o recoñecemento e a valoración das competencias profesionais adquiridas nos respectivos Certificados de Profesionalidade.
ACTUACIÓNS
No Estudo
e análise do mercado laboral no Concello de Santiago desde a perspectiva do
Emprego e Necesidades de formación da poboación moza, se indica que para
solucionar as problemáticas de acceso ao mercado laboral de este colectivo é
preciso o deseño de programas que teñan en conta a necesidade de:
- “Reforzar e mesmo privilexiar as accións de mediación.
- Privilexiar as estratexias de inserción en prácticas nas empresas sen custes para estas sobre as baseadas en abaratar la contratación.
- Desenvolver programas de detección do fracaso escolar temperán e de abordaxe da poboación moza que nin estuda nin traballa.
- Atender de maneira definitiva, sexa mediante accións específicas ou de forma transversal nas dinámicas de orientación, formación, mediación e acompañamento, á dimensión de socialización e reforzo da capacidade de circulación laboral que supón a adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais.“
Todas as persoas mozas participantes deberán realizar
un itinerario formativo e laboral personalizado que lle permitirá adquirir a
cualificación necesaria para ocupar un posto de traballo, tendo unha segunda
oportunidade para a mellora das competencias lingüística nun segundo idioma, á
formación nas TIC e á outros itinerarios non formais. Mellorarán as súas competencias
persoais e habilidades sociais coa realización dun período de prácticas
profesionais, non laborais, en empresas relacionadas con la formación
adquirida.
Este itinerario de integración profesional
persoalizado defínese como o deseño, a
realización e seguimento dunha secuencia concatenada de accións, destinadas a
mellorar a empregabilidade de cada participante. Así engloban:
- Formación profesional nas necesidades formativas sectoriais sinaladas.
- Formación transversal para mellorar a cualificación profesional, as competencias técnicas e persoais.
- Prácticas profesionais non laborais, mellorando a súa cualificación profesional có traballo efectivo.
- Titorías, orientación profesional personalizada e acompañamento na busca activa de emprego coa xestión do seu perfil e deseño de accións que melloren a súa empregabilidade.
Asemade, co programa potenciarase a cultura
emprendedora mediante formación específica neste ámbito e transversalmente, en
cada itinerario, mediante a visión e perspectivas do autoemprego no sector das
TIC.
As actuacións a levar a cabo, supoñen
investir na cualificación e capacitación profesional da mocidade participante,
para elo se empregarán un gran nº de horas de formación, tanto específica como
transversal, de titorías, tanto de formación como de orientación laboral e de
prácticas profesionais non laborais.
ACTUACIÓN
|
Nº DE HORAS
|
Formación Específica
|
1.190
|
Formación Transversal
|
290
|
Prácticas Profesionais non Laborais
|
310
|
Titorías de orientación
|
100
|
ITINERARIOS
INTEGRADOS
Os itinerarios deseñados que se executarán
serán:
1. Manexo
profesional de drons, montaxe e mantemento, con especialización no seu uso para
o sector audiovisual.
2. Confección
e publicación de páxinas web.
3. Desenvolvemento
de aplicacións con tecnoloxías web.
4. Xestión
de marketing e comunicación.
5. Conmunity
Management.
RESULTADOS
Os resultados cuantitativos do programa poderanse
medir en termos de:
1. Usuarias/os
formadas/os. Coa ampliación e mellora da oferta de capacitación técnica para a mocidade.
2. Usuarias/os
inxeridas/os. A mellora da súa empregabilidade permítelles adaptarse de maneira
máis idónea ás oportunidades de emprego, accedendo a un emprego de calidade.
3. Empresas
creadas. O desenvolvemento de competencias emprendedoras facilitará o autoemprego
e o emprendemento colectivo.
MULLERES
|
HOMES
|
TOTAL
|
|
Persoas
Usuarias Formadas
|
51
|
34
|
85
|
Persoas
Usuarias Inxeridas
|
13
|
9
|
22
|
EPÍLOGO
Aínda que non ten relación directa co Plan
presentado, o Plan IMPULSA, teño que facer mención do anuncio dun novo Plan de choque
para o Emprego Xuvenil que o Presidente do Goberno de España Pedro Sánchez esbozou
no mes de xullo do 2018 no Congreso dos Deputados.
E para rematar, un contiño....
Comentarios
Publicar un comentario