A inserción laboral coa mocidade do sistema de protección de menores

As personas con expediente no sistema de protección de menores amosan alarmantes indicadores de fracaso escolar. A etioloxía do problema responde a múltiples factores situados tanto dentro como fóra da escuela. Os recursos especializados na acción con infancia e adolescencia en dificultade social non dispoñen de mecanismos de resposta compartida e acordada co ámbito académico. A realidade sistémica dos recursos ten pendente realizar axustes necesarios de mellora de coordinación, tanto entre os diferentes niveis internos como coa escola. Neste contexto, a inclusión escolar das personas con expediente no sistema de protección de menores  segue sen contar cunha actuación administrativa á altura do problema.

O sistema de protección de menores asume a responsabilidade da atención integral coa intencionalidade de superar as situacións que motivaron a apertura do expediente. O obxectivo final é posibilitar o pleno desenvolvemento persoal e a transformación participada ata unha cidadanía consciente e autónoma. A trayectoria académica é un factor de risco ou de protección. A mocidade con escasa formación ten máis posibilidades de vivir procesos de exclusión social. A elevada cualificación facilita a inserción laboral e o exercicio dunha cidadanía digna, polo tanto, asúmese que a non superación dos estudos básicos a impide. A desigualdad educativa se transformará moi probablemente en desigualdade social.

A acción socioeducativa do sistema de protección de menores asume como principio inspirador o supremo interés do menor. Que esta afirmación se convirta nun feito efectivo depende dos mecanismos que se establezcan para compensar as consecuencias e as dificultades presentes na realidade do colectivo. Necesidades específicas requiren de respostas concretas. Os recursos especializados na formación previa á entrada no ámbito laboral, e dende unha perspectiva mási global, no proceso de emancipación, asumen a carga de minimizar os impactos pretéritos froito dun camino cheo de dificultades para a adolescencia.

O mercado de traballo é claramente selectivo, non atende a realidades personais. A linguaxe da inserción laboral é a de adaptabilidade ás demandas do emprego. A realidade indica que ou a persona conta cunha empregabilidade axeitada ou será excluida. O sistema de protección de menores debe asumir este feito como imperativo no momento de planificar a acción socioeducativa. Os equipos educativos que exercen a súa función no marco de paradigmas sobreprotectores contribúen inconscientemente á exclusión da persoa. A adaptabilidade e a flexibilidade son elementos determinantes na construcción das estratexias precisas para o proceso de acompañamento socioeducativo.



A formación e as competencias personais, sobre todo estas últimas, son claves para favorecer itinerarios exitosos de inserción laboral. A praxe debe orientarse a fomentar as capacidades personais. As políticas públicas de promoción do emprego asumen este feito e potencian procesos de aprendizaxe enmarcados dentro da dimensión social e comunitaria.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE (CPA)

A orientación laboral e os centros de menores

O MEU PLE