O MEU PLE
QUE É UN PLE?
Según a Wikipedia, as Contornas persoais de aprendizaxe xorden no Reino
Unido asociados ao movemento da Web 2.0 e orientados ao sistema educativo. O
termo PLE aparece por primeira vez na conferencia JSIC/ CETIS Conference de novembro de 2004.
Por definición o PLE (siglas en inglés: Persoal Learning Enviroment) é a maneira de entender como aprendemos por nós mesmos/as, utilizando as ferramentas que nos proporciona a rede. O facelo de maneira autónoma, é cadaquén o/a que define os seus obxectivos de aprendizaxe, de maneira que cada persoa ten o seu PLE de maneira individual e dependendo dos seus intereses, capacidades e necesidades.
CÓMO ESTÁ O MEU PLE?
Unha cuestión diferente é a
de publicar, xa que é algo que non me convence demasiado neste intre.
E a hora de comunicarme,
prefiro o contacto persoal a calquer outro sistema.
EXPANSIÓN DE MI PLE
Partindo da base de que as persoas cambiamos, supoño que este PLE tamén o
fará conmigo.
No #POLAB18 estamos a aprender a usar diversas ferramentas, entre elas
Feedly, que é un servizo que nos permite suscribirnos a espazos RSS. Estou en "fase de probas", así que de momento, aquelas páxinas que vou buscando están en
fase de búsqueda. Pouco a poco irase completando con RSS do meu interese, tanto a nivel profesional como de ocio e outros.De momento levo estas….
Tamén estou a descubrir Diigo que é un sistema de xestión de información persoal baseado no concepto "nube", que inclúe dirección de internet que visitamos, marcadores web, bloc de notas post- it, arquivo de imaxes e documentos, así como selección de textos destacados.
Vou a probalo e xa vos contarei en futuras entradas neste blog....
Vou a probalo e xa vos contarei en futuras entradas neste blog....
Comentarios
Publicar un comentario