A orientación laboral e os centros de menores
Neste artigo vou a falar da necesaria relación entre a orientación laboral e a educación social nos centros de menores de Galicia. En primeiro lugar, debemos coñecer o que son os centro de menores. Na rúa existen moitos prexuízos, sempre que se fala de centros de menores pensase só nunha parte deles, principalemente os centros de execución de medidas xudiciais. En Galicia o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no artigo terceiro expón que: “son centros de menores aqueles equipamentos destinados á atención de menores de idade, que de acordo ca normativa en vigor, estén en situación de risco, desamparo ou conflito social, e nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades dirixidas a este sector de poboación”. En función da súa tipoloxía clasifícanse en: Casas de primeira acollida Casas de familia Minirresidecias Residencias Centros con fogares Centros de reeducación Centr...